Os mergulladores seguen preocupados pola fábrica de tubos e piden ser escoitados


Non se cren aquelo de que Cee di adeus á fábrica de tubos. A Agrupación de Mergulladores de Linqueiron e Navalla seguen preocupados pola posible ubicación da fábrica de tubos, unha vez que a empresa austríaca deixou caer que segue interesada en instalarse na zona a pesar de ter cambiado o proxecto galego por un en Singapur. Os Mergulladores xa enviaran un informe á Consellería, pero aínda non recibiron reposta e por iso piden unha nova xuntanza.
Xa a finais do ano pasado, cando urxía unha decisión, a meirande problemática foi a súa ubicación, e houbo quen protestou por non ser escoitado. E iso que probablemente os máximos afectados pola instalación dunha fábrica coma esta na ría de Corcubión son os Mergulladores de linqueirón da comarca de Fisterra. Pero nada, ninguén preguntou a este colectivo que dá traballo a 43 persoas (de Fisterra, Corcubión e Lira), e que boa parte de ese traballo se desenvolve dentro da ría.
Así, os Mergulladores fisterráns veñen de enviarlle 3 escritos solicitando reunións á Portos, á Consellería do Mar e á propioa empresa Agru Plastic Spain, para amosarlles a súa "preocupación pola incompatibilidade da fábrica de tubos co aproveitamento do marisqueo por mergullo en apnea diante da Sicar".
Quixo lembrar o seu presidente, Xacobe Louzán, que a Consellería do Mar nin sequera se interesou por como afectaría aos mariscadores. O caso é que aseguran que "na zona da hai moito produto, e de calidade". Cando está a cousa tranquila afirman que cubre o cupo en 2-3 horas de traballo, tendo que quedar nesta zona sempre que hai mar brava, sendo unha zona fundamental para a actividade.
Non é a primeira vez
Os mergulladores queren recordar, aínda sabendo que é unha crítica moi polémica, que "a construción das novas instalacións do porto de Brens supuxeron a destrución dunha parte do banco marisqueiro que se atopaba a maior profundidade, e agora irrecuperable. E a nós non nos preguntou ninguén", recorda.
Por iso, poñen tanto fincapé agora na zona previsiblemente afectada pola fábrica, porque falamos da "practicamente a única área da ría onde se pode exercer a nosa actividade".
Novas relacionadas
- 21-10-13: Cee di adeus á fábrica de tubos.
- 23-09-13: Onde quedou a fábrica de tubos de Cee?.
- 08-05-13: O Presidente de Portos, único garante da chegada da fábrica de tubos de Cee.
- 19-02-13: Os mariscadores da Zona V rexeitan a localización da fábrica de tubos.
- 29-11-12: O Concello de Cee consensuará con Portos e a empresa a ubicación da factoría de tubos.
- Hermanager Humor: Warning! Tubos Xigantes!.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa dos Mergulladores de linqueirón da comarca de Fisterra.