Os traballadores readmitidos no Concello de Carnota denuncian que seguen presionados
Toca volver a falar hoxe do polémico asunto dos despedimentos no Concello de Carnota. Despois da declaración nula de varios dos despedimentos, e das explicacións do Concello, acusando ao PP, hoxe son os sindicatos UGT e CCOO o que nos traen a visión dos traballadores afectados.
I é que finalmente, as sentenzas xudiciais botaron abaixo os 6 despedimentos, “quedando acreditado”, segundo os sindicatos, “que ningún dos seis despidos foi obxetivo por causas económicas”. “Tamén nas cartas de despido, déronse indicios de vulneración de dereitos fundamentais, menoscabando a acción sindical do delegado de CCOO”, sinalan.
O caso é que unha vez incorporados estes traballadores ó seu posto, os representantes sindicais destes 6 traballadores denuncian que “seguen sendo presionados polo Alcalde de xeito que lles impide desenvolver o seu traballo de forma profesional”. E aproveitan para criticar que “para o Alcalde resulta fácil pagar indemnizacións cuantiosas e minutas a avogados externos cos cartos dos cidadáns de Carnota”, considerando que se trata dun “malgasto”.
Dende CCOO e UGT piden ao rexedor de Carnota que “medite en cal é a súa función neste Concello, e os traballadores a organizarse e unirse para defenderse de verdadeiros abusos de poder”.
Novas relacionadas
- 06-05-14: O Concello carnotán asegura que a única sentenza firme contra os despedimentos é a que implica ao PP por prevaricación.
- 05-05-14: Marisol Piñeiro e José Oreiro, ante o TSXG por unha suposta contratación a dedo.
- 29-04-14: Declaran nulo o despedimento de outras dúas traballadoras do Concello de Carnota.
- 24-03-14: O Xulgado repón unha traballadora municipais que fora despedida en Carnota.
- 15-11-13: Os traballadores despedidos de Carnota critican a doble moral do alcalde.
- 14-11-14: Tempos de conflitos laborais en Carnota.
- 17-09-13: A Xustiza declara nulo o despido dunha traballadora de Carnota.
- 07-09-13: O PP de Carnota vén de denunciar o trato discriminatorio cun ex-traballador do concello.
- 22-08-13: Explicacións económicas e criticas sociais aos 6 despidos de Carnota.
- 21-08-13: 6 despidos polémicos no Concello de Carnota.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- María Duro responsable da Administración local de CCOO no Barbanza e Luis Manuel Baneira Gómez, Secretario de política sindical de la Comisión Executiva da FSP-UGT de Galicia.