Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Patrimonio obriga a retirar, por un vídeo de Youtube, o banco do Bico do Santo

Banco do Bico do Santo
Patrimonio obriga a retirar, por un vídeo de Youtube, o banco do Bico do Santo

Unha fermosa iniciativa, desas que sen demasiado esforzo xeran moito retorno a nivel de imaxe turística, foi botada abaixo pola área de Patrimonio da Xunta. O banco situado hai apenas unhas semanas no Bico do Santo tivo que ser eliminado do lugar.

A proposta nace dunha asociación da vila, amparada ademais por un proxecto que o Concello de Carnota xa ten aprobado da man de Turismo de Galicia para acondicionar e sinalizar os sendeiro, así como abrir un par de aparcadoiros. O proxecto culmábase con ese banquiño, ideal para a típica foto que tanto triunfa nas redes sociais.

O BNG saltaba a alamar a semana pasada, alertando dunha hipotética afectación ao patrimonio arqueolóxico do lugar, lembrando que hai restos dunha capela. Unha información que non consta no Concello de Carnota, unha vez que o PXOM aínda non está aprobado.

A sorpresa chegou hai uns días no seo do Concello, cando recibiron un correo de Patrimonio “cun enlace de Youtube”, obrigando a eliminar o banco do lugar por unha suposta afectación arqueolóxica. “Sorprende que unha administración se poña en contacto con outra a raíz dun enlace de Youtube… Como fagan caso a todos os memes que hai pola rede van ter traballo abondo”, lamenta un sorprendido alcalde carnotán, Juan Manuel Saborido “Moma”, que en calquera caso, ordeou eliminar o banco.

Agora espera que a eliminación do banco non interfira no proxecto de acondicionamento e posta valor do espazo, subvencionado por Turismo, e que ten que estar entregado antes de que remate o ano.

Comentarios