Luns. 07.10.2024
El tiempo

O programa que debullará a toponimia do Olimpo Celta durante o VI Simposium

Cartel con programa do VI Simposium Monte Pindo 2022 copia
O programa que debullará a toponimia do Olimpo Celta durante o VI Simposium

Xa temos cartel completo do VI Simposium Monte Pindo. A Asociación Monte Pindo Parque Natural recupera o vindeiro sábado 21 de maio no lugar do Pindo esta cita de reflexión e aprendizaxe, desta volta, "Arredor da toponimia”.

O evento, que terá lugar no local da Confraría de Pescadores do Pindo, que colabora coa actividade, atraerá a Carnota a varios expertos e estudosos da cuestión da toponimia, tanto da índole académica coma do ámbito civil, fundamental para atraer o patrimonio oral tradicional en torno aos nomes dos nosos sitios.

Non faltará o noso Modesto García Quintáns, que tanto ten falando en QPC sobre a toponimia da mole granítica; o eterno Pepe do Fieiro ou Chisco Fernández Naval.

Asi mesmo, tamén contarán cunha actuación musical a cargo das Gaiteiras de Pedras Miúdas que porá o broche a xornada.

Programa

  • 10:30 h. Inauguración a cargo de Xilberto Caamaño Beiro, presidente da Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • 11:00 h. Palestra «Elaboración cartográfica do territorio na comarca», por Modesto García Quintáns
  • 11:45 h. Descanso
  • 12:15 h. Proxección documental: «Os nomes da nosa terra: Monte Pindo», dirixido por Fran Cañotas para a AS-PG.
  • 12:30 h. Palestra: «Salvagardar a microtoponimia coa app Galicia Nomeada», por Vicente Feijoo, do proxecto Galicia Nomeada.
  • 13:15 h. Coloquio
  • 14:00 h. Xantar
  • 16:30 h. Palestra: «Pepe do Fieiro», a cargo del mesmo, José Rodríguez Ramos
  • 17:00 h. Palestra: «Toponimia da Costa da Morte, Ézaro - Pindo», por Martín Fernández Maceiras, do proxecto Gaelaico.
  • 17:45 h. Palestra: «A Toponimia do Monte Pindo: moito máis ca pedras», a cargo de Alfonso Blanco Quintela, profesor de latín.
  • 18:30 h. Recital poético, a cargo Francisco X. Fernández Naval (Chisco), escritor e poeta
  • 19:00 h. Debate e Mesa Redonda
  • 19:45 h. Actuación musical a cargo de Gaiteiras de Pedras Miúdas.

 

Patrimonio Pindexo

Novas relacionadas

Comentarios