Martes. 15.10.2024
El tiempo

Que fai unha pedra de “lapislázuli” no Monte Pindo?

Que fai unha pedra de “lapislázuli” no Monte Pindo?

Continúa a Asociación Monte Pindo Parque Natural descubrindo tesouros no Olimpo Celta. Desta volta nos informan de que acaban de recibir as análises xeolóxicas dunha extraña pedra azul atopada recentemente polo colectivo nas inmediacións do Chan das Lamas, e que confirman que, sen lugar a dúbidas, se trata de lazurita, o nome científico da pedra semipreciosa coñecida popularmente como lapislázuli.

O verdadeiramente intrigante desta noticia é que no Monte Pindo non existe este mineral, mais nin sequera en todo o país. Citando textualmente a Wikipedia: "Actualmente en el mundo existen sólo dos yacimientos donde es posible encontrar esta hermosa piedra: se trata de una mina ubicada en Afganistán, y otra, la más grande, que se encuentra en Chile".

"Que fai unha pedra en bruto de lapislázuli, cuxa extracción se produce en todo caso a miles de quilómetros do Monte Pindo, depositada neste lugar?", pregúntanse dende a entidade.

E ofrecen unha hipótese: "A explicación máis probable, dada a situación do achádego, é que fose materia prima traída ou encargada por algún artesán que desenvolvería a súa labor no entorno do Castelo de San Xurxo, o que probaría a existencia de actividade orfebre neste lugar, e demostraría a relevancia dun castelo tan esquecido como fundamental na historia do Reino de Galicia.

Novas relacionadas

Outras novas de interese

Máis novas

Fonte

Comentarios