domingo. 11.05.2025
El tiempo

Quilmas pon en marcha o domingo un verán de mercados ecolóxicos

Quilmas pon en marcha o domingo un verán de mercados ecolóxicos
Imaxe dun dos anteriores mercados ecoloxicos de Quilmas Mercados ecoloxicos Quilmas xuno 2013

Se o sábado hai Mercado de Produtos Locais en Carnota, o domingo Quilmas convertirase no centro da agroecoloxía galega. Varios dos 9 mercados prantexados terán lugar os vindeiros meses, de xeito que durante xuño, setembro e agosto toca a dous mercados ecolóxicos por mes.

En xuño serán os domingos o 2 e o 23. E para o primeiro mercado xa está todo en marcha. Os organizadores da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica de Quilmas contarán con dúas carpas (unha de 10x10 e outra de 3x3) e un toldo para cubrirse do sol e/ou da chuva (de seguro que algunha das dúas probabilidades manifestarase).

E ademais de facer as compras máis responsables, estas citas serven para recapacitar. Deste xeito, teñen prantexada unhaxornada de debate sobre temas vencellados á agroecoloxía, a economía rural agraria na Galiza e no mundo(p.ex.acaparamento de terras), oficios artesáns, alimentación saudábel, etc... e completar con algunha proxección dun documental.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios