Venres. 29.03.2024
El tiempo

Rosalía en clave de reggae costeiro

Rosalía en clave de reggae costeiro
Menuda pasada escoitar á costeira Adhara Caamaño cantando a Rosalía. Esta artista, medio liracha, medio ceense da Ameixenda, é unha animadora cultural da zona. Ten cantado con “Filloas on the Stone”, colabora coa banda Ardora, e por Lira é toda unha referencia nas súas colaboracións coa Asociación Cultural Canle de Lira para o impresionante Festórreo, “pra min e a melhor noite do ano”, recoñece! Descríbese como “Unha muller de pobo, Da minha linghua, da minha Terra e das minhas raises”, e de aí que se lle ocorreu cantar a Rosalía. E aquí é cando aparece Tito Barbeito, un home de música, e amigo da costeira dende hai anos, con que mesmo colabora poñendo a voz no grupo do herculino, Ardora. Barbeiro, ademais de tocar nesta banda, é compositor de bandas sonoras para cinema, teatro, danza, etc e entre outras cousas tamén fai arranxos para diferentes artistas. E ambos levan tempo armando un proxecto en común, e están "reunindo material para nun futuro facer algún concerto e pasalo ben no escenario. Estamos en plena investigación", cóntanos un Barbeito que no mundo do rock galego aínda é coñecido como Tito Ritman, o seu nome de batalla enriba do escenario dos seus tempos coa banda "Los Ritmanmuchos". Un Barbeito que ademais é un namorado da Costa da Morte, pois aínda que coruñés de nacemento, leva vindo dende cativo a pasar o verán a Sardiñeiro, Estorde, O Pindo, Carnota... "Levo indo á Costa da Morte uns 35 anos e forma parte da miña inspiración musical", recoñece. E a historia deste temazo é ben curioso. Mentres traballaban no estudo con outras cancións, foi Adhara a que propuxo versionar este poema para facerlle un agasallo a unha amiga. "Fixémola en dez minutos, todo nunha toma tanto a voz como os instrumentos musicais e o vídeo, é dicir que non se limpou e ten os seus erros, como algo improvisado xa que era para un agasallo de ultima hora", explícanos. E tamén quere deixarnos cos dentes longos e nos avanza que ambos "estamos a facer un proxecto moi interesante onde máis adiante iremos sacando máis cancións co fin de tocalas en directo para transmitir o que temos dentro". Pois nada, por agora, disfrutemos deste agasallo musical, e ide preparando para velos en directo. Nós estaremos moi atentos!  

No Festórreo de Lira

Colabora cada ano co que faga falta, pero no 2014 foi unha das maiores protagonistas do Festórreo:

Adhara con Ardora

Adhara colabora en certos bolos con Ardora, a banda de Tito Barbeito, e soan así de ben:

Novas musiqueiras

Máis novas

Fonte

Comentarios