Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha BSO roqueira por e para Carballo

Unha BSO roqueira por e para Carballo
Xa comezaron as grabacions na Escola da Rua da BSO de Carballo

Fantástica a iniciativa musiqueira da Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Normalización Lingüística do Concello de Carballo. Son moitas as bandas de música na capital bergantiñá, e varias xa pensan no Rockarballo de marzo.

Pero antes sairá o CD conxunto no que están traballando uns cantos grupos carballeses. Grupos guitarreiros, dando conta da esencia rockeira de Bergantiños.

Polo de pronto están grabando un tema cada banda: Killer Cats, The Cerne, Dude, Lowcos, Versión Imposible, PortakomPorta, Cru e Sonseis. Pero a proposta segue aberta a outras bandas da zona que queiran prestar a súa arte e aproveitar a promoción. Só hai un par de condicións: que o tema sexa en galego e que a banda, ou algunha das persoas que a compoñen, sexan de Carballo.

As gravacións están a desenvolverse nos estudos da Escola da Rúa. A organización e produción corre de man da empresa carballesa Mama Lola Estudios, a quen hai que dirixirse no caso de estar interesados en participar.

Máis novas musiqueiras

Fonte

Comentarios