sábado. 09.11.2024
El tiempo

Rouban e matan a golpes unha besta por rifas persoais

Rouban e matan a golpes unha besta por rifas persoais
A besta levaba 16 anos en casa non no monte

Xa temos visto verdadeiras animaladas nestes últimos caso, pero o caso que nos conta María, veciña de Louredo, Carnota, é estremecedor. Roubar unha eugua, levala prendida do coche durante varios quilómetros polo monte arriba, co seu poldriño detrás berrando ata a extenuación, para chegar a un punto e matala egua dun forte golpe na cabeza. Unha escena que parece sacada dunha película de terror. Pero non, acontenceu esta mesma semana na Costa da Morte.

María intúen quen puido ser, "que por aquí todos nos coñecemos", e as rifas persoais e familiares chegan a provocar estes ataques de ira. Pero cóntanos isto María porque sabe que a investigación é complicada que vaia adiante. "É a túa palabra contra a del", avisoulle a Garda Civil, mentras ela espera que polo menos o "asasino" sufra un "castigo social", polo menos que os veciños, a xente da zona, lle faga saber coa súa actitude que non fixo ben.

Cóntanos María: "A noite deste luns o martes viñéronnos roubar unha egua, que xa levaba 16 anos con nós na casa, e o potro que tiñanos nunhe leira cerca da casa. Esa mesma noite, na aldea de Xestoso, un veciño viu que sobre as 3 - 3:30 da noite pasar un coche grande (tipo todoterreno ou furgoneta) bastante rápido con un cabalo branco atado ó coche.
O poldro, que apenas ten 1 mes, encontrámolo onte a altura das Paxareiras, a varios kilometros de Louredo nunha pista paralela o camiño que leva para a capilla da virxen da Romaxe. Estaba atrapado entre os toxos, morto de sede e afonico de chamar por a nai. O pobre non podería seguir o ritmo do coche nin da nai, quedando no medio do monte. Foi unha sorte encontralo senón morreria de sede e fame , pois so toma leite da nai. Sorte que non no comeran os lobos.

O poldro foi atopado por sorte no medio das toxeiras

Os ladróns coñecían moi ben tanto o monte de Louredo como o das Paxareiras pois non todos coñecen os camiños por onde pasaron. Non creo que os roubasen como beneficio económico pois habian outros cabalos mellores que os nosos nese lugar. Esta xente fixo con maldade hacia os animais, para gozarse do sufrimento dos mesmos tendo a sangre fria de abandoar un potro no medio da nada sabendo, que si non ten a nai, non pode vivir moito tempo.

O domingo sobre as 21:00 da noite viñéronnos avisar de que cerca do lugar de Xestoso, encontraran unha egua morta, nun lugar bastante inaccesible para os que non coñecen o sitio. Tiña un burato na cabeza (na fronte) e os de Seprona dixeron que fóra dun golpe que lle deran para matala. Nós pensamos que non o fixo unha persoa soa, que mínimo tiñan que ser dúas, pero desconfiar seguro facémolo de un, o outro/s non sabemos. Ademais, cremos que esta relacionado coa desaparición doutro poldro que tíñanos, fillo desta egua (chamábase Arisca).

A egua apareceu morta nas Paxareiras cun golpe na cabeza

Pois así son algunhas historias no corazón da bisbarra, así que se a denuncia na Garda Civil non vai a máis, polo menos que a sociedade responda e faga o seu xuizo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios