mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Tinglado redescobre a Castelao con Pilar García Negro

Pilar Garfcia Negro Arredor de Castelao
O Tinglado redescobre a Castelao con Pilar García Negro

Aínda que para o noso Nando Lestón todos os días son días Castelao, (o seu filósofo de cabeceira) é certo este ano estamos neste 2025 no Ano Castelao.  E para horar ao Pai do Galeguismo, o Espacio GastroCultural Tinglado de Carnota vai acoller unha xornada moi especial. 

Unha xornada para falar "deste personaxe de vangarda e revisado e estudiado ata desmiuzar o que supuxo para unha época de relativa escuridade do Povo Galego, onde o caciquismo e as inxustizas eran o xeito de entender a gobernanza social", O Tinglado faino a través da escritora, sociolingüista, política e profesora, Mª Pilar García Negro, que vén de reeditar o seu libro "Arredor de Castelao no sécul XXI" [Ed. Laiovento], no que analiza a obra e figura deste Autor.

O evento terá lugar o sábado 8 de febreiro ás 18:00h.

Máis novas

Comentarios