Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Volta a España con Final na Fin do Mundo

Volta a España con Final na Fin do Mundo
O ambiente que se atopaba xa a primeiras horas da mañá en Terras Fisterranas era impresionante, falo de destas terras porque tocabame estar alí. Pero tanto en Fisterra coma no Ezaro, xa dende moi cedo a xente decidia cargar de Mochilas con bebida e comida para pasar unhas cuantas horas ao pé da meta no Faro de Fisterra e o longo do Mirador do Ezaro, xente que se agrupaba detras das vallas, outros  sentados polo medio do monte e outros que buscacando as mellores ubicacións para poder seguir o Final da Etapa e a  famosa subida do 30% no Ezaro. Xente de calquer punto da Comarca atopabase en este dia na Fin Do Mundo e no Mirador do Ezaro, dende Carballo ata Serra de Outes e despois xente da Coruña, de Santiago, de Asturias,  Madrid,  Portugal,  Francia, etc... Todos querian estar nesa famosa subida do Mirador do Ezaro e sobre todo neste Final de Etapa Inédito en Fisterra. A Volta a España aterrizaba esta tarde na Costa da Morte, con un recorrido de 189 Kilometros, onde partian dende Lalín aproximadamente sobre as 13;00 horas do mediodia, logo de pasar pola Estrada,Vedra, Santiago de Compostela e Negreira chegando  a Costa da Morte e entrando polo Concello de Mazaricos donde pasarían por Pino do Val,  e atravesando Paxareiras chegarian o Concello de Carnota con unha baixada a moi bó ritmo por parte dos corredores da Proba, deixando atrás San Mamede, Quilmas, O Pindo chegarian o tan esperado Mirador do Ezaro. e tras facer a subida,  continuarian a carreira , e a diferencia do ano pasado que tivo Final no Alto do Ezaro este ano continuarian hacia Fisterra pasando polos Concellos de Cee e Corcubión para dar paso a entrada en Fisterra pola recta da Anchoa sobre as 17:30 aprox. O ambiente na meta xa se notaba con moitisima euforia de ver chegar a este Final a moitos Idolos tanto de Maiores coma de pequenos. O Fin da Etapa xa estaba o caer, e os ciclistas xa estaban moi moi preto da meta. Empezaban as grandes disputas entre os corredores por facerse con este maravilloso e Inédito Podio da Etapa do Fin do Mundo, a falta de un kilometro para a meta o corredor Juan Flecha intenta unha atacada pero é contrarrestada por  un  DANI MORENO Impresionante que se faría ca Proba o Final da Etapa e se alzaría no mais alto do Podio. Exhibición do corredor do Katusha que se impuxo en solitario seguido moi de cerca por Cancellara e Matthews. Unha vez finalizada a proba procederiase a entrega dos premios e dos maillots de vencedores das diferentes categorias. Ata aquí chegou esta fermosisima proba na que tiña como protagonista o seu Final, A Fin do Mundo en Fisterra. Proba na que o Italiano Vincenzo Nibali volvia   a vestir de vermello como líder da clasificación Xeral despois dunha carreira de 4h37:46.

Comentarios