A Xunta comprométese, dous meses despois, coas familias do Pindo a enviar unha Coidadora
Máis de dous meses enteiros de loita foron necesarios para conseguir un compromiso firme por parte da Consellería. Escritos, concentracións, prensa, e mesmo unha folga foron necesarios para que a Xunta por fin escoite ás demandas das familias do CEIP O Pindo en relación á atención educativa ás necesidades especiais.
Desprazabánse onte varias representantes da ANPA do CEIP do Pindo, para manter unha reunión co Dirección Xeral de Educación. Unha cita á que non lle permitiron estar os membros da Xunta aos alcaldes socialistas de Dumbría e Carnota, dispostos a dar a cara pola veciñanza.
A reunión chegaba a través dunha chamada da Consellería xusto un día antes do prazo avisado polas familias para ir a unha nova folga de “inasistencia indefinida” en caso de non ter diálogo. Chamou xusto a tempo a Xefatura Territorial e alí acodiu a ANPA, “optimistas pero á expectactiva”.
”O Xefe Territorial entende que a petición é xustificada, e nos informou que recabará informes internos e comprométese á contratación de coidador/a unha vez corrobore os datos”, explícannos dende a ANPA. Avisaron que o vindeiro martes o inspector pasará polo centro educativo a valorar a situación in situ.
Dende a ANPA queren valorar que “máis vale tarde que nunca”, e agardan que en breve se anuncie a contratación dunha coidadora a tempo completo. Mentres, mantéñense “optimistas, pero á expectativa”.