Mércores. 04.08.2021
El tiempo

5 anos Stoupando a cultura da Costa da Morte

#5Anos Stoupando
Exposición #5Anos Stoupando
5 anos Stoupando a cultura da Costa da Morte

Converteuse en referente e fervedoiro cultural da Costa da Morte de contado. E xa van 5 anos dende o seu nacemento aló por xullo de 2016. 5 anos intentando visibilizar a arte e a artesanía da Costa da Morte. Cinco anos cheos de eventos, de exposicións de autor, temáticas ou colectivas que foron mudando practicamente cada dous meses. Despois dun lustro, a galería ceense converteuse por méritos propios no epicentro cultural de toda a comarca, onde se poden adquirir pezas de maís de 60 autores das mais variadas disciplinas artísticas: pintura, escultura, fotografía, artesanía, literatura, música… Todas elas cun denominador común, a Costa da Morte.

Agora, para celebrar crean #5AnosStoupando, a mostra conmemorativa do aniversario que poderá visitarse durante todo o verán na galería ceense.

A mostra #5AnosStoupando está formada pola mais recente obra de Viki Rivadulla, Fernando Rei, Catro Raposos, Carlos Botana, Helena Gamos, Alba Cambeiro, Rosana Calvo, Nando Lestón e Yano Yoro, ademais de pezas de autor de todos os artesáns colaboradores habituais da galería.

A exposición conmemorativa deste aniversario poderá visitarse durante todo o verán ata finais do mes de setembro, de martes a sábado de 11-14 h e polas tardes mediante cita previa (Tfno 661436483).

Novas relacionadas

comentarios