#8M: Buserana si convoca unha concentración, “máis necesaria que nunca”, en Cee
Indignante resulta ver como se criminaliza a mobilización das Mulleres, cando temos visto durante estes meses ducias de manifestacións de traballadores da industria do metal, manifestacións pola liberdade de expresión ou mesmo concentracións da extrema dereita. Porén, cando son as mulleres as que queren saír á rúa se lles acusa de falta de respecto ás medidas, lembrando aquelas criticadas manifestacións do 2020, que se celebraban ao mesmo tempo que partidarios de Vox enchían polideportivos en actos electorais.
Coa sensacións de que este ano é “máis necesaria que nunca”, a Organización Feminista Buserana convoca unha concentración polo Día Internacional da Muller para este luns 8 de marzo, ás 20:00h na praza 8 de marzo de Cee.
A pandemia situou o lema das mobilizacións do ano pasado, “Sen coidados non hai vida”, no centro da diana, de aí que as entidades vencelladas ás @Galegas8M queiran recuperalo outra vez.
Por iso, chaman á mobilización, con “responsabilidade, distancia social, máscara…”, para “reivindicar dereitos en igualdade e lembrando todos os coidados esenciais realizados durante a pandemia con nome de muller e condicións laborais moitas veces abusivas: dependentas, nais, sanitarias, panadeiras…”
Artigos relacionados
Novas sobre o 8M
Crónicas do 2020
- A Galería Mulleres de Muxía cumple 11 anos lembrando a Elena Colmeiro.
- “Mulleres invisibles, mulleres desconfinadas”, o artigo de Paula Castro gañador do IV Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey.
- Buserana pide vídeos para participar nunha acción virtual de cara ao #8M.
- A Costa comeza a mobilizarse polo #8M.
- Marzo 2020: #8M: O Feminismo baixou a pé de rúa en Carballo.
- Marzo 2020: #8M: Cee acolleu unha combativa e festexeira manifestación comarcal.
- Unha cadea humana de mulleres para encher a praia de Carnota de sororidade.
- #8M: As Curandeiras, e máis de 200 mulleres, batiron os tambores contra o patriarcado en Vimianzo.