Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A casa da cultura de Cee abre novo ciclo de actividades tras un intenso "Mes da fundación"

A casa da cultura de Cee abre novo ciclo de actividades tras un intenso "Mes da fundación"
Pablo Carpitero ofreceu un concerto-didáctico sobre os distintos instrumentos empregados na música tradicional galega Pablo Carpitero ofreceu un concerto didáctico sobre os distintos instrumentos empregados na música tradicional galega O pasado mes de outubro a casa da Cultura de Cee encheu as súas butacas con públicos de distintas idades grazas ás actividades organizadas pola Fundación Fernando Blanco con motivo da terceira edición do "Mes da Fundación". Houbo conferencias, concertos e outros espectáculos polos que pasaron personaxes como Manuel Gago ou Ángel Carracedo, entre outros. Os encargados de pechar o programa foron Pablo Carpintero e Rosa Sánchez cun concerto didáctico sobre "Os instrumentos musicais na tradición galega". Durante o concerto, Pablo Carpintero (investigador e divulgador musical) e Rosa Sánchez (tamborileira, pandereiteira e especialista en canto tradicional galego) fixeron un exhaustivo repaso de ata 36 instrumentos que forman parte da tradición galega. A interpretación de cada instrumento acompañouse dunha explicación sobre as súas orixes e forma destes. Así, os apitos dos afiadores, a folla da hedra, o birimbao, o rabel e as sete gaitas de fol distintas que existen en Galicia -entre outros moitos instrumentos - soaron no escenario da casa da Cultura de Cee. O "Mes da Fundación" dálle paso a novas actividades que se concentran durante as fins de semana do mes de novembro. Próximas actividades cartel novembro ccc jpg  
  • Sábado 7 e domingo 8 de novembro: XV Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte. Organiza: Asociación  Cultural Micolóxica “Pan de Raposo”.
  • Sábado 14 de novembro: Concerto a cargo da Banda de Música de Lousame (20:15 horas)
  • Domingo 15 de novembro: Gala Cultural do Colectivo Palestino en Galicia (18:00 horas)
  • Sábado 21 de novembro: Concerto a cargo da Banda de Música de Cee (20:15 horas)
  • Domingo 22 de novembro: "Desperta!" a cargo de Pistacatro. Espectáculo de novo circo que afonda na identidade individual. A partir das 18.00 horas. Entradas a 3 e 5 €.
  • Sábado 28 de novembro: Cine: "Oz, un mundo de fantasía". (18.00 horas)
A casa da Cultura tamén acolle outras actividades:
  • Exposición “Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Un faro na construción de Galicia”. Secretaría Xeral de Política Lingüística. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.  Dende o 17 de novembro ata o 4 de decembro.
  • I Xornadas sobre Busca de Emprego 2.0 e Marca Persoal (24 e 25 de novembro)
  • Actividades do CIM para escolares (19, 20 e 27 de novembro)
    Novas relacionadas   Fonte

Comentarios