A Costa da Morte nun cadro e con pincel
Na mañá do pasado sábado 5 de maio deuse a coñecer o fallo do xurado do IX Concurso de Pintura que artella o Concello de Cee. O acto tivo lugar no Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema no que ó longo deste mes se poderá ver a exposición que recolle as obras presentadas.
A temática deste ano estivo centrada na xeografía, historia, arte e patrimonio etnográfico da Costa da Morte, tendo especial preferencia aquelas obras que se inspiren na realidade ceense.
E nesa liña, Víctor Castiñeira leu o manifesto acompañado polas concelleiras ceenses .
O primeiro premio cae ademais nun vello coñecido da pintura ceense e muradá, vaia, costeira. Non é outro que Luis Guillermo Guerra Aguilera, que recube o 1º premio valorado en 1.000 € pola súa obra “Praia das leiriñas”.
Un dos accésits valorado en 600 € foi para, Jorge Luis Miranda Carracedo, pola súa obra “Luz sobre Cee”.
E finalmente, o outro accésit, tamén valorado en 600 € foi para María Teresa Faginas Díaz, pola obra “Costa da Morte”.
Novas relacionadas
- Cee artella un programa das Letras Galegas con teatro, pintura, música e moito máis.
- 2011: Cee entregou os seus premios culturais aos escolares.
- 2011: O Concurso de Pintura de Cee internacionalízase.
- 2010: Cee premia os mellores cadros, relatos e marcapáxinas .
Máis novas
- David Creus e Leticia Alvariñas expoñen a súa arte “barística”.
- O segundo pintor mais rápido da Costa e da Barbanza é de Muros.
- A arte contemporánea xa ten o seu espazo na Costa da Morte.
- Tesouros da Fundación: Manómetro de Bourdon.