Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte secunda a mobilización pola Sanidade Pública

A Costa da Morte secunda a mobilización pola Sanidade Pública
Concentracion no HVdX pola sanidade publica-Foto-Fani Trillo

Un centenar de persoas secundaron esta mañá de 10 de decembro a convocatoria nacional da Platafora SOS pola Sanidade Pública en Cee. A vila costeira foi unha das 13 de todo o país que acolleron estas mobilizacións, que serven para apoiar a folga dos traballadores sanitarios contra os recortes, os copagos e a privatización da sanidade pública galega.

Un cento de persoas concentrábanse ás portas do Hospital Virxe da Xunqueira. Berraron os clásicos cánticos "Por unha Sanidade 100% pública e de calidade", ante o perigo de privatización que está sufrindo o sector.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios