A Costa da Morte tamén se prepara a Folga contra a Reforma das Pensións
10:31 26/01/11
Xoves 27 de xaneiro e o sindicato galego CIG ten convocada unha Folga Xeral en contra da Reforma das Pensións que prantexa o goberno central. Folga á que non se adheriron os outros sindicatos estatais, que si secundaran a folga do 29S.
A CIG entende que a Reforma das Pensións é "un ataque o estado de benestar" e que pon en perigo o futuro das pensións.
Así, a CIG pide a todos os traballadores e traballadoras de empresas privadas e do sector público, que tomen o día completo de Folga. E fan fincapé neste apunte lembrando que o pasado 29S boa parte dos establecimentos pecharon só durante o tempo da concentración, e moitos o fixeron por medo máis que por convicción.
A concentración volverá realizarse ás 12:00 horas na Praza do Concello de Cee (fronte ao INEM). A resposta haina que dar agora, antes do 28 de xaneiro, porque esa é a data máxima que se deu o goberno para sacar adiante o seu proxecto de lei”, sentenciou Xabier Santos, delegado da CIG en Cee.
Varios grupos locais do BNG manifestaron o seu apoio á folga, como é o caso do BNG fisterrán, que da man do seu voceiro Modesto Fraga anima a toda a veciñanza de Fisterra a secundar o paro e mais a concentración protesta.
A mocidade tamén en folga
Os que tamén animan á mocidade a participar da folga son os colectivos de Galiza Nova Bergantiños e Costa da Morte. ambos veñen de proclamar unha Folga Estudiantil, dada a incidencia desta reforma no futuro dos novos estudiantes. "Opoñémonos á prolongación da vida laboral ata os 67 anos e ao incremento do número de anos cotizados para calcular a pensión, porque ademais de dificultar o acceso a unha pensión digna, vai supoñer para a xente nova maiores dificultades para incorporarnos ao mercado laboral”. Para Galiza Nova estas son unhas medidas “inxustas, antisociais e contraproducentes para saír da crise”, afirman. Sen máis deixámosvos cun vídeo para animar á xente a participar na folga:Artigos relacionados
- Sen xeito, con Fran Hermida: Folga Xeral.
Novas relacionadas
- A CIG denuncia ao Carrefour Market de Cee por impedr unha asemblea informativa.
- A Costa seguíu levemente a folga do 29S.
- A CIG pide de novo ao Concello de Corcubión que abonen os atrasos á traballadora readmitida.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Notas de prensa da CIG e de Galiza Nova - Costa da Morte e Galiza Nova - Bergantiños.