Domingo. 13.10.2024
El tiempo

A Deputación inviste 600.000 euros na mellora da seguridade vial nas estradas de Ponteceso, Cee e Dumbría

A Deputación inviste 600.000 euros na mellora da seguridade vial nas estradas de Ponteceso, Cee e Dumbría
corme-senda-peonil En Corme executaranse dúas sendas peonís Nos próximos meses, relizaranse as obras de mellora da seguridade vial das estradas provinciais dos concellos de Ponteceso, Cee e Dumbría. Así o aprobou a Deputación da Coruña no último pleno provincial correspondente ao mes de maio. En total, o ente provincial investirá 605.000 euros. A corporación provincial deu luz verde á construción de novas sendas peonís na DP 6801 da Campara a Corme por Brantuas e na DP 6804 de Corme a Roncudo, ambas as dúas no termo municipal de Ponteceso, así como ás obras de dotación dunha nova capa de rodaxe á estrada DP 2302 Hospital a Brens, nos concellos de Cee e Dumbría. As novas sendas peonís de Ponteceso suporán un investimento de 240.620,78 euros e construiranse na marxe esquerda da DP 6801, entre os puntos quilométricos 0,000 e 0,210, onde se ubican diversas vivendas e negocios e na DP 6804, que discorre polo centro urbán de Corme, por ambas marxes da estrada, entre os PK 0,000 e 0,370. Esta senda, de dous metros de ancho, realizarase con pavimento de formigón reforzado. Ambas sendas contarán con sistema de recollida de pluviais e, nos casos onde a senda discorre a unha cota superior á do terreo, executaranse muros de escollera. Nos últimos dous anos, o departamento provincial de Vías e Obras - que dirixe o deputado José Manuel Pequeño - aprobou investimentos por importe de máis de 3,5 millóns de euros para a construción de máis de 28 quilómetros de sendas peonís, aos que agora se suman estes máis de 600 metros que se construirán nas estradas de Ponteceso. Melloras na DP 2302 No pleno de maio, a corporación provincial aprobou tamén o proxecto de mellora da capa de rodaxe da estrada provincia DP 2302 Hospital a Brens, entre os puntos quilométricos 0,000 e 2,100 e do PK 5,150 ao 8,800, unhas obras que contarán cun orzamento de 364.895,86 euros e que incluirán a reparación do firme do vial a extensión dunha nova capa de mistura bituminosa en quente de 5 centímetros de espesor en todo o ancho da calzada, o que contribuirá a mellorar as condicións da circulación e a seguridade do tráfico.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios