A emoción foi a protagonista no 218 aniversario de Fernando Blanco
Menudos días de vertixe cultura arredor da Fundación Fernando Blanco. No marco do programa do Mes da Fundación, escolares e público en xeral segue disfrutando e aprendendo coas citas artelladas polo Secretario da entidade ceense, Darío Areas.
Viaxe en cómic para @s alumn@s ceenses
O pasado venres, tiña lugar a segunda charla para os alumnos, despois da sempre interesante visita de Rafael Lema e os seus naufraxios. Desta volta o salón de actos do IES Fernando Blanco acolleu o espectáculo científico "A ciencia dos superheroes”. Foron máis de 250 alumnos da ESO dos colexios Manuela Rial Mouzo, IES Fernando Blanco e IES Agra de Raíces de Cee os que disfrutaron desta entretidísima e moi didáctica aventura visual. Percorreron a historia do cómic de sempre, aprendendo unha marea de cousas que pasan desapercibidas.
Un emotivo aniversario para o mecenas de Cee
Máis emotiva foi a cita do sábado 18 de outubro, unha data sinalada con letras de ouro na historia de Cee, pois cumpríanse 218 anos do nacemento de D. Fernando Blanco de Lema. Foron os propios alumnos do centro homónimo os que depositaron na tumba do fundador, a ofrenda floral, acompañados polos acordes do himno do Antigo Reino de Galicia da man de Fran, magnifico gaiteiro da Escola de Musica de Cee. Un momento tremendamente intenso que se completaba, máis alá do fervor relixioso de cada quen, coa simbólica misa solemne na fermosa Capela de San Fernando, coa Coral do Centro Social de Cee, na honra do fundador, mestres, alumnos e persoal do centro.
Non quedou aí a xornada, e para celebrar a data, un grande da escena galega trouxo a súa visión doutra das grandes obras da literatura do noso país. Emotiva foi tamén a función de Cándido Pazo, con esas magníficas “Memorias dun Neno Labrego”, unha obra que está no corazon de todos os galegos. “Cantas cousas deberiamos aprender de Balbino!!!”, pensaba o propio Areas que agradece a resposta dun público que ateigou o Salón de Actos do Concello ceense.
Vindeira cita
A Conferencia co arqueólogo subamrino Miguel San Claudio será o o sábado 25 de outubro ás 20.30 horas no Salón de Actos do Concello de Cee. "O vapor Great Liverpool. Un palacio victoriano afundido en Gures”, é o nome da charla que impartirá o home que mellor coñece os tesouros das nosas profundidades.
Novas relacionadas
- Os alumnos de Cee coñecen de preto a Costa dos mil naufraxios.
- Xabier Díaz trouxo o mellor da música galega a Cee.
- A Fundación Fernando Blanco prepara un Mes de outubro de vertixe cultural.
- Rafael Lema comezou no Mosteiro de Ozón a súa promoción do novo Catálogo de Naufraxios.
- Rafael Lema e Concha Blanco, dos costeiros para un curso da USC en clave feminina.
- Ribeira toma nota dos naufraxios da Costa da Morte con Rafael Lema.
- Rafael Lema e Miguel San Claudio, medalla ao mérito cultural polos seus submariños traballos arqueolóxicos.
- Un completo catálogo de naufraxios para a rexión costeira máis perigosa do mundo.
Novas relacionadas
- Mes da Fundación 2013: A música pechou un mes de Cultura na Fundación Fernando Blanco.
- Mes da Fundación 2013: Os alumnos de Cee disfrutan da ciencia e dos contos no Mes da Fundación.
- Mes da Fundación 2013: Neira Vilas repasou a emigración ás Américas no Mes da Fundación.
- Mes da Fundación 2013: Rosalía e Jorge Mira comparten tesouros con Fernando Blanco.
Máis información
- Recunchos da Costa: O Edificio Fernando Blanco.
- QPC: Tesouros da Fundación.
- QPC: Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco:
- Patrimonio Galego: Edificio Fernando Blanco de Cee.
- http://www.museofernandoblanco.org.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).