A Escola Infantil de Cee abríu ás portas aos pais e aos monicreques
Abriu as portas a a Escola Infantil Municipal de Cee o pasado xoves. Os pais e as nais puideron ver por dentro a Gardería e disfrutar tanto coma os seus fillos. Aló estaban, encantados da vida os pequenos alumnos, atentos como nunca ás actividades artelladas en cada aula de xeito simultáneo.
Houbo de todo, dende unha obra de monicreques chamada "A granxa de Bimba", onde todos os animais conviven en igualdade, contaron un conto, e os peques ensináronlle aos pais as cancións que aprenderan para rematar dándolles un agasallo para demostrarlles o moito que os queren.
Pero o máis importante, era abrilas portas da gardería e ensinarlles os pais como é por dentro este centro de ensino. Para que estean tranquilos, coñezan mellor ás mestras e aprendan que na casa tamén hai que educar.
Xa pensan, pequenos e maiores, na cita do vindeiro 2 de maio co Tic Tac Town, que ser desenvolverá no pavillón municipal de 10:00 a 14:00h.
Novas relacionadas
- 06-11-12: Por fin comezou o curso na nova Gardería de Cee.
- Da carencia de prazas de gardería na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).