A Fundación Fernando Blanco incita a escribir e pintar a todos os nenos da volta
Xa o ano pasado pasado trouxemos por QPC os Relatos da Fundación. E este ano, a Fundación Fernando Blanco de Lema, entidade patrocinada por FeroAtlántica e polo Concello de Cee, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña e coa Estación de Servizo Bazarra, vén de convocar a segunda edición do Concurso de Relatos Curtos e a primeira edición do Concurso de Debuxos.
Ambos concursos están destinados ós alumno/as dos centros educativos de 10 concellos da contorna (Carnota, Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas).
II Concurso de Relatos
Establécense tres categorías:
- Categoría A (3º Ciclo de Primaria)
- Categoría B (1º e 2º da ESO)
- Categoría C (3º e 4º da ESO)
Os relatos deberán xirar en torno ó tema “AS ESCOLAS DOS NOSOS MAIORES”. Os participantes deben centrar os traballos en como era a situación educativa que viviron os nosos maiores nas súas infancias (como eran as escolas, o material didáctico empregado nelas, os mestres/as, as condicións de vida dos nenos/as, etc.), en definitiva, deberán profundizar en como era a vida dos nosos antepasados tendo como fío argumental a escola.
Os relatos deberán estar escritos en lingua galega, e terán unha extensión máxima de 6 folios, confeccionados a ordenador, a dobre espazo e por unha soa cara (arial 12).
Entregaranse tres premios por categoría de 100, 75 e 50 euros, ademáis de diploma.
I Concurso de Debuxos
Establécense dúas categorías:
- Categoría A (1º Ciclo de Primaria)
- Categoría B (2º Ciclo de Primaria)
Os debuxos deberán xirar en torno ó tema “UN DÍA NA ESCOLA”. Cada participante poderá presentar un único debuxo (poderá facerse tamén unha sucesión de viñetas, a modo de cómic). A técnica será totalmente libre, podéndose empregar, por exemplo, acuarelas, ceras, témperas, lápices de cores, collage, etc. O debuxo deberá facerse en cartulina, formato DIN A4 ou DIN A3, vertical ou horizontal. Ningún traballo deberá ir enmarcado ou con montaxe especial. Ademáis deberá acompañarse cada debuxo cunha frase explicativa ou slogan.
Entregaranse tres premios por categoría de material didáctico valorado en 50, 40 e 30 €, ademáis de diploma.
Máis información
En ambos concursos o prazo para a entrega dos traballos remata o 15 de maio, resolvéndose o concurso nun máximo de 45 días naturais contados dende a data límite de entrega. Para elo organizarase un acto de entrega de premios que será debidamente comunicado ós premiados e á sociedade en xeral.
As bases completas do concurso poden descargarse na web www.museofernandoblanco.org (pestaña CONCURSOS).
Relatos da Fundación
- Relatos da Fundación: “A promesa”.
- Relatos da Fundación: Emigrar de novo.
- Relatos da Fundación: Cousas que quedarán sen saberse.
- Relatos da Fundación: Lonxe da terra.
- Relatos da Fundación: Pegadas galegas polo mundo.
- Relatos da Fundación: Amor pola familia.
Novas relacionadas
Fonte
- Fundación Fernando Blanco.