Venres. 29.03.2024
El tiempo

A nova Biblioteca da Casa da Cultura de Cee xa recibe usuarios

A nova Biblioteca da Casa da Cultura de Cee xa recibe usuarios
Jose Ramon Senra Rey o responsable da Biblioteca Francisco Mayan de Cee no novo edificio da CCC

Por fin a Casa da Cultura de Cee xa ten vida. Non era sen tempo, despois de nada menos que 15 anos de retraso, toda unha marca. Xa nolo dicía a alcaldesa Zaira Rodríguez hai un par de semanas, e onte por fin, abría as suas portas a Bibiloteca Municipal Francisco Mayán, xa trasladada do edificio do Concello ao da CCC.

Tivemos a honra ademais de ver o primeiro usuario da Biblioteca trala reinstalación. Non foi outro que López de Brens, “cliente habitual”, o que se achegou á nova infraestrutura cultural ceense para facerse cunha novela. Encantado de recibilo, o home que coida dos libros en Cee, José Ramón Rey Senra, que tivo a ben ademais, explicarnos os números da Biblioteca. Unha visita na que coincidimos ademais cos pesos pesados da sección cultural ceense, como son o técnico municipal Víctor Castiñeira, e o Secretario da Fundación Fernando Blanco, Darío Areas, ambos colaboradores de QPC.

Lopez de Brens foi o primeiro usuario da Biblioteca Francisco Mayan trala reinstalacion na Casa da Cultura de Cee

Cóntanos Rey Senra que son entre 70 e 100 as persoas que utilizan cada día a Biblioteca, e espera que estas novas instalacións amplíen o número de usuarios. Son moitos os que pasan a ver a prensa e as revistas, ou os que veñen en busca de novelas ou libros específicos dos máis de 21.600 libros (ao 50% entre galego e castelán) que ten rexistrados no MEIGA, o programa da Rede de Bibliotecas de Galicia, que formarían, nada menos que medio quilómetro de libros!.
Outros os veñen a estudiar ou a utilizar a wifi gratuita que hai en toda a Biblioteca. Un número que crece cada vacacións, cando os estudiantes pasan longas mañás e tardes estudiando.

A nova Biblioteca conta cun total de 108 postos de lectura en 25 mesas, repartidas nos 72 postos da sala xeral, os 24 postos das salas infantil e xuvenil, e os 12 da sección da Hemeroteca, un dos tesouros que máis lle gusta a Senra Rey. Fantásticos os tomos, encadernados polos rapaces de Aspadex, das novas comarcais que veñen saíndo dende o 1994 nos principais xornais da volta, La Voz, el Correo, La Opinión, o Diario de Bergantiños, ou outras reportaxes saídas en El País, A Nosa Terra, Nós…

Tomos da Hemeroteca da Casa da Cultura de Cee Ramon Senra Rey na Hemeroteca da Casa da Cultura de Cee Grandes xoias no Fondo Especial da Biblioteca de Cee O Fondo Local da Biblioteca de Cee segue medrando

Cóntanos outro dos seus máis prezados bens, o “Fondo Especial”, con 440 libros de antes do 1958, cando se abríu o depósito legal de libros, e outras edicións singulares, unha sección coa que alucinan autores locais como Miro Villar. E precisamente agora toca traballar en aumentar o “Fondo Local”, se ben xa conta con máis de 425 obras de autores ceenses.
O fondo da Biblioteca tamén ten máis de 1275 títulos audiovisuais e unha marea de revistas especializadas de arquitectura, literatura, teatro…

Así que xa sabedes, veciños, aí tendes un bo espazo para ler a prensa, para investigar, para buscar reliquias, para levar o ordenador e utulizar a wifi, para estudar… ou para preguntar ao mestre Ramón cales son as últimas novidades.

Sala Infantil da Biblioteca Francisco Mayan da CCC Aula Multiusos na terceira planta da Casa da Cultura de Cee

Cousas pendentes

Auditorio da Casa da Cultura de Cee segue con obras tecnicas

Para marzo pode que teremos xa a primeira actuación no auditorio, onde están traballando en asuntos técnicos. A cousa pinta ben.

Paralelamente esperan poder inaugurar este ano a Sala de Ordenadores que, por certo, ten unhas das vistas máis privilexiadas da vila.

Vistas dende a proxima Sala de Ordenadores da Casa da Cultura de Cee

Nova a nova

Fonte

Comentarios