Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Operación Orquesta volve subir ao escenario

A Operación Orquesta volve subir ao escenario

Dende setembro pasado non escoitabamos os ecos da Operación Orquesta. Hoxe, amencemos coa reactivación do caso por parte do xuíz, nunha trama que inclúe a 28 persoas, entre políticos, funcionarios, empregados municipais e empresarios.

O xuíz, Lago Louro, vén de afirmar que non haberá sobreseimentos. Ratificou ademais os cargos dos 3 grandes protagonistas da trama (os alcaldes de Fisterra e Mazaricos e o ex alcalde de Cee), que seguen, cómpre lembrar, en liberdade provisional, acusados de cofeito, prevaricación e tráfico de influencias. O xuíz ratificaba tamén os cargos ao alcade corcubionés, o último imputado na trama.

Novas declaracións

Que non o último chamado a declarar, pois o alcalde de Muxía terá que pasar a declarar en calidade de testemuña. E o fará o vindeiro 12 de xuño coa secretaria municipal muxiá. Ambos serán interrogados sobre o proceder do empresario de festas Jorge López e sobre o funcionario do xulgado de Paz de Muxía, Carlos Rey, unha vez que as súas alegacións foron desestimadas.
Unha implicación, a de Rey, que salpica a funcionarios da Consellería de Cultura en supostos casos de fasificación de facturas para subvencións de festas, neste caso o Mercado Medieval de Corcubión.

De obras públicas

Xa temos falado abondo das obras públicas, de como as empresas que pagan as festas son as escolidas, a dedo para as obras municipais, non sen antes celebrar unha boa comilona á cargo da propia empresa. Procesos de contratación sen publicidade, sen concursos, ou con concursos amañados, son algo habitual. Contrucciones Ogando está no centro de todas as miradas.

Novas da Operación Orquesta

Máis novas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios