Aberto o prazo para escoller FP e para inscribirse na educación de adultos


Segue o FP sendo unha verdadeira alternativa formativa para os estudiantes da Costa da Morte. Cada día son máis os que se apuntan aos cursos de electricidade, xestión adminstrativa… Hoxe traemos as ofertas do centro ceense do IES Fernando Blanco, pero hai máis na zona que abren o seu prazo de inscrición.
Así, a partir do próximo luns 17 de xuño de 2013 e ata martes 2 de xullo de 2013 ás 13.00 horas, as persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes de admisión nos ciclos formativos que se ofertan no IES Fernando Blanco para o curso 2013-2014.
Os ciclos ofertados polo centro ceense son:
- Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas.
- Ciclo Medio de Xestión Administrativa.
- Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles.
- Ciclo Medio de Mantemento Electromecánico.
- Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
Educación para adultos
No IES Fernando Blanco de Cee, ata o 28 de xuño, estará aberto o prazo de inscrición para cursar a Educación Básica de Adultos. Estes estudos conducen á obtención do título de Graduado na E.S.O. e están dirixidos a persoas maiores de idade que poidan asistir ás clases en horario de 18:30 a 22:30 h.
Para inscribirse, é necesario presentar unha solicitude acompañada de fotocopia do D.N.I. mais o libro de escolaridade ou certificado de estudos. Para mais información contactar coa secretaría de 10.00 a 14.00 horas.
Máis información e inscricións
- No IES Fernando Blanco e na web do centro (www.edu.xunta.es/centros/iesfernandoblanco)
Fonte
- Información do IES Fernando Blanco.