Alumnos de Baio e Cee reparten os premios do Certame de Poesía pola Igualdade ceense


O Concello de Cee vén de publicar os gañadores dun dos certames de Poesia, pintura e achegamento ao libro que abría nesta primavera. O primeiro do que sabemos o ditame do xurado é o VI Concurso de Poesía Mulleres do Noso Tempo.
Un certame, que como indica o nome, relaciónase coa loita pola igualdade sendo artellado pola Delegación de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego en colaboración co CIM.
Como sabedes trátase dun certame para os alumnos dos centros educativos de toda a bisbarra. Desta volta, os vencedores saíron do CEIP Eugenio López ceense e do IES Maximino Romero de Lema baiés. Estes son concretamente os premiados:
- 1º Premio: Silvia Castro García (CEIP Eugenio López) coa poesía: “As mulleres de hoxe en día”. Premiada con 200€.
- 2º premio: Darío Miranda Pastoriza (IES Maximino Romero Lema de Baio) coa poesía: “Erguereime”. Premiado con 150€.
- 3º Premio: Carme Ayala Lago (CEIP Eugenio López) coa poesía: “Se os seus ollos…”. Premiada con 100€.
Intentaremos achegar os poemas vencedores a QPC a partir do vindeiro día 28, unha vez sexan entregados os premios.
Novas relacionadas
- Poesia, pintura e libros achegan a cultura á mocidade de Cee a través dos concursos.
- Muxía dá voz ás Silenciadas.
- Día da Muller Traballadora: Unha loita moi viva.
Máis novas
- 7 autores demostran que a Costa da Morte é unha potencia en literatura infantil.
- Un Curruncho Cultural de libre expresión “barística”.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Cee.