Un ano de arte e cultura da Costa da Morte en #Stoupidos2023
Chega un novo nadal e como todos os anos a Galería Stoupa inaugura a xa clásica exposición colectiva 'Stoupidos', que mostra as novidades dos artistas e artesáns que tiveron presenza na galería ceense ao longo do ano.
Este ano #Stoupidos2023 reune creacións multidisciplinares de Artesanía de Alberto Lista, Carmen Isabel Labrador, Concha Bello Romero, Feituras, Gorin, Isabel Andrade, Nano Unzueta, Xaime Piñeiro, Susana Anta, Redeiras de Corme ou Nacho Porto, Cartografías de Pepe de Olegario, Ilustracións de EA.ilustra ou Mina, Pintura de Josecho González, Yano Yoro, Llou Insidias, Xoanxo Cespón ou Xosé Iglesias, Escultura de Guillermo Lourido ou Nando Lestón e Fotografía de Sam Ponsford ou Marcos Rodriguez, ademais das últimas novidades en libros de escritores da comarca.
Para os todos os que desexen apoiar a cultura local regalando este nadal creacións de artistas e artesáns da Costa da Morte, Stoupa permanecerá aberta ata o 5 de xaneiro de martes a sábado de 11 a 14h e de 17 a 20h.