Antón Recamán presenta no RockCorner Bar o seu segundo poemario

14:52 25/01/23
“A pandemia foi moi aburrida” e Suso Bahamonde xa tiña gañas de voltar ao lío. Nos últimos anos o seu vivo Rock Corner Bar apenas recibiu a descuberta de Junquera López, e un foro cultural así necesita vida.
Como a que trae ao pub ceense este sábado 28 de xaneiro ás 20:00h Antón Recamán. O ceense presentará por fin (saíu en abril) o seu segundo poemario “Alén do Corpo”.
Estará arroupado por Suso Bahamonde e Paulo Calvo, e ademais do recital, e da sinatura de exemplares, haberá petiscos para os asistentes.