APEM convoca unha cadea humana en Cee polo Día Mundial da Saúde Mental
Co motivo da celebración do Día Mundial da Saúde Mental, este vindeiro martes, 10 de outubro, APEM ten programado varios actos que teráno cumio coa cadea humana que van desenvolver ás 13:00 hs. na praia da Concha de Cee, onde será leído o manifiesto da OMS. Un acto ao que está convidada toda a veciñanza para facer máis visible a necesaria loita pola igualdade.
Pero tamén haberá, previamente, mesas informativas, unha visita o centro do psiquiatra do Hospital Virxe da Xunqueira, DLucas Mera Gallardo e da enfermeira especialista en saúde mental, Sonia Riveiro Pazos, quen terán unha charla-coloquio cos usuarios da Unidade Residencial (UR) e do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral (CRPL).
Pola tarde haberá unha xornada de portas abertas pola tarde no Centros de rehabilitación psicosocial e laboral (CRPL) de APEM en Cee, de 16:00hs. a 19:00 hs.. Para completar a xornada, pola noite iluminarase ca luz verde “APEM” o monumento a Domingo Antonio de Andrade.