Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Aprobadas as obras para reformar os Centros de Saúde de Cee e Coristanco

INTERNA 13,00 h.- O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asinará convenios de colaboración cos concellos de Cee, Coristanco, Triacastela e Xermade, para a realización de obras de reforma nos centros de saúde destas localidades. No Gabinete da Consellería (3º andar).
foto xoán crespo
11/11/2019
O alcalde de Coristanco, Juan García Pose, e a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña
Aprobadas as obras para reformar os Centros de Saúde de Cee e Coristanco

Dende 2015 levan solicitando as obras de acondicionamento do Centro de Saúde de Cee. 4 anos con deficiencias tan graves como os 8.177 pacientes que utilizan a sanidade pública.

Pero parece que a cousa solventarase, despois de que o Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e os alcaldes dos respectivos concellos. Margarita Lamela Louzán, de Cee; Juan García Pose, de Coristanco; anunciase un convenio (de confinanciamento) para obras de mellora dos dous centros de saúde.

Na reforma do centro de saúde de Cee, o Sergas investirá 16.740 euros, e outro tanto o fará o Concello. Estas obras suporán a reforma do teito, o pintado interior do centro de saúde e o cambio de radiadores.

No centro de saúde de Coristanco, o investimento do Sergas será de 14.948 euros, e a mesma cantidade achegará o Concello. Este orzamento dedicarase a reformar a carpintería exterior e interior, a substitución das billas que se atopen en mal estado e á instalación dun acumulador eléctrico na sala de descanso do persoal.

Novas relacionads

Comentarios