Arrinca as charlas informativas sobre as xa abertas subvencións da Deputación
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe as bases reguladoras das convocatorias de subvencións do ano 2014 dirixidas aos 93 concellos, a outros organismos locais e ás entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro da provincia. Entre elas tamén quedan abertas as axudas da Rede Cultural 2014.
Este ano, e por segunda vez consecutiva, o trámite de presentación de solicitudes realizarase de xeito telemático a través da web www.dicoruna.es, unha ferramenta coa que se axilizarán prazos e sobre a que a Deputación da Coruña imparte charlas informativas ao longo de toda a provincia durante o mes de novembro.
O prazo para a presentación de solicitudes, que se abriu o pasado venres, é específico para cada convocatoria e poderá consultarse no BOP. Ademais, os interesados tamén poderán coñecer aquí os baremos obxectivos para a concesións das axudas que realizarase en base a concorrencia competitiva.
Charlas informativas
- O luns 18 de novembro o Fórum Carballo, ás 20:00h, acollerá a charla dirixida aos concellos de Carballo, Cabana de Bergantiños, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso.
- O concello de Cee, o venres 22 de novembro ás 20:00h, tamén acollerá as charlas na sala de pleno da Casa Consistorial dirixidas aos municipios de Camariñas, Carnota, Cee, Muxía, Corcubión, Fisterra, Dumbría, Vimianzo e Zas.
- A Casa da Cultura de Outes acolle a sesión o venres 29 de novembro, tamén ás 20:00h, á que poderán achegarse as xentes dos concellos de Mazaricos e Muros.
Máis información
- Dicoruna: Subvencións 2014.
Novas relacionadas
- Xornadas informativas sobre subvencións da Deputación.
- Unha de didáctica empresarial para novos emprendedores dende O Couto.
- 2,5 millóns de euros a través do Plan Leader entraron na Costa dende o 2007.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).