Cee propón un poético maio de Letras
Completo o programa das Letras Galegas deste 2013 no Concello de Cee neste ano adicado ao mestre teatreiro Vidal Bolaño. Pensado para todos os públicos e con citas tódalas semanas do mes, cun ollo posto na poesía.
Esta semana, de feito, xa temos varias citas, como a visita dos Talleres Cachirulo, o Día da Muiñeira polo 1 de maio, ou o Recital Poético de Manolín, que deixa a súa vila corcubionesa e vai amosar as súas "Realidades, Soños e Saudades" dada a boa acollida dos técnicos ceenses e a deixadez dos corcubioneses.
O mes terá tempo para as camiñadas cun roteiro este mesmo sábado 4, e continuará coa entrega de premios de achegamento á cultura.
Non faltará a música, o propio día 17 de maio, mentres que o sábado volverá a poesía cos versos de Rosalía Fernández musicados ao compás do piano de Serxio Moreira. O martes 21 tócalle o turno á parella de poetas máis fantástica e innovadora do país. A ceense María Lado e a coruñesa Lucía Aldao traen o seu espectáculo Aldaolado, que nos fará vibrar de seguro. E será o gran Miro Villar o que peche o mes o dia 29 con contacontos.
Novas relacionadas
- Xosé María Lema Suárez: O dramaturgo Roberto Vidal Bolaño e a súa infancia en Baio.
- Cee iguala a lingua cun certame de relatos curtos.
- Cee incita á creación cultural aos seus alumnos cos certames da Biblioteca.
- A Escola Infantil de Cee abríu ás portas aos pais e aos monicreques.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).