Luns. 18.11.2019
El tiempo

Cee volcouse coa loita contra o cancro de mama e pola saúde mental

As Mulleres da Xunta Local da AECC en Cee
As Mulleres da Xunta Local da AECC en Cee
Cee volcouse coa loita contra o cancro de mama e pola saúde mental

A Danza Rosa de Camariñas tivo que suspenderse polo mal tempo, pero a Costa da Morte non fallou á súa cita co Día Mundial contra o Cancro de Mama. Este domingo a Xunta Local de Cee da Asociación Española contra o Cancro (AECC) colocou a súa mesa informativa diante do Centro Comercial Finisterrae, en Cee.

Nunha acolledora xornada tinxíronse as mans de rosa, en sinal de apoio ás persoas afectadas. Numerosos veciños que acodían á cita ca feira dominical achegáronse para coñecer de preto a enfermidade.

Así mesmo, asociación, na súa faceta informativa, realizará este venres 25 de outubro, unha charla-coloquio sobre o Cancro ás 19:30, no Centro de Cultura de Dumbría (fronte ao Concello). Estará a cargo do Doutor Alfonso Gulías, médico cirurxián do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, quen tentará despexar tódalas dúbidas que sobre a materia, poidan ter as persoas asistentes.

Charla en Dumbria da AECC

Concerto pola saúde mental en Cee

O pasado venres, a familia da Escola de Música de Cee celebrou un concerto solidario coa familia de APEM, co gallo do Día da Saúde Mental, que este ano foi enfocado ao suicidio como xa compartimos en QPC.

Concerto pola saude mental en Cee-Foto.Rafa QuintansConcerto pola saude mental en Cee-Foto.Rafa Quintans 2
Imaxes do Concerto solidario da Escola de Música polo Día da Saúde Mental, en favor de APEM

Novas relaciondas

Comentarios