A ceense Gabriela Villada gaña o primeiro premio do Concurso de Novos Talentos de Relato Curto de Galicia

Segue a comarca demostrando a canteira de talento literario que leva dentro. Se a semana pasada fixemos parada en Muxía, esta facémolo en Cee. Pois o primeiro premio da 16ª edición da fase autonómica do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto de Galicia, foi Gabriela Villada, do colexio Manuela Rial Mouzo de Cee, na provincia da Coruña.
O relato de Gabriela, que xa venceu algún premio nos certames literarios de Cee, foi rescolido entre os máis de 300 presentados. Como premio, a gañadora da edición autonómica deste ano viaxará coa súa mestra a Madrid para visitar a sede da empresa na que se celebrará a gala nacional do concurso e onde se fará a entrega oficial dos galardóns, o vindeiro 20 de xuño.
No acto, tamén se fixo entrega dos galardóns ao alumnado que resaltou na categoría provincial. Recolleron os seus premios Gael Viñas, do instituto a Nosa Señora dos Ollos Grandes, en Lugo; Raymar de los Ángeles, do colexio San José Josefinas, en Ourense, e Gabriel Melón, do colexio Plurilingüe Santiago Apóstol de Ponteareas, en Pontevedra.