luns. 22.12.2025
El tiempo

Critican que o Nadal de Cee esqueza ás parroquias

Nadal no Centro de Cee
O Nadal concéntranse no Centro de Cee
Critican que o Nadal de Cee esqueza ás parroquias

Avanza o programa de Nadal de Cee, e as actividades, principalmente as enfocadas ao público infantil, desenvólvense no núcleo urbano. "O que deron en chamar “Cee, un nadal para compartir” céntrase, deixa fora as parroquias, agás nas visitas de Papá Noel e os Reis", critican dende o BNG. 

"Desde logo o título do programa non é moi acorde a realidade, xa que nin un só espectáculo ou acto se leva a ningunha parroquia. Entendendo que o groso do programa se teña que celebrar na vila, desde o Bng cremos que se debería, cando menos, facer actos para o público infantil en cada parroquia, achegar o ocio aos nenos e nenas e non ao revés. Por razóns de conciliación, segue sendo imposible para algunha familia, trasladar aos seus fillos e fillas a diario a Cee", explican dende a oposición.

Lamentan tamén que varios núcleos quedaran sen luces do nadal, lugares na parroquia de Brens, como A Grixa, Fadibón, Berroxe e Raso, así como a entrada a desde Dumbría, A Lagarteira ou a Armada e incluso rúas interiores de Cee.   
 

Comentarios