xoves. 18.12.2025
El tiempo

O Nadal comeza unindo xeracións no CEIP Vila de Cee

Nenos do CEIP Vila de Cee na Biblioteca 1
O Nadal comeza unindo xeracións no CEIP Vila de Cee

Abrazos ricos coma este levaron moitas os e as maiores de Cee, na visita das crianzas do CEIP Vila de Cee á Biblioteca. Nunha xornada tremendamente emotiva, as crianzas fixeron entrega duns agasallos  que elas mesmas deseñaron na materia Arts & Crafts, unhas postais para felicitar o Nadal ós maiores da contorna, que se repartíronse entre o centro de maiores de Fisterra, a residencia de Vimianzo e os maiores do Concello de Cee.

Nenos do CEIP Vila de Cee na Biblioteca.jpeg 2

Parte alumnado do centro fixo acodiron coas súas postais para entregarllas, cun rico agarimo ás persoas maiores que puideron acudir ó acto.

Foi un acto moi emotivo, no que unha das alumnas de 4º de primaria se emocionou ó recordar ós seus avós que xa non están con ela. Esta nena fixo entrega dunha das felicitacións á alcaldesa e adicounos a todos unhas bonitas palabras e unha bonita reflexión de vida, sendo tan pequena, animando a que disfrutemos dos avós mentres os temos con nós e animándonos a disfrutar das festas que se aveciñan.
Gustou tanto a iniciativa que a dende o centro xa o van instaurar como unha tradición xa.

Nenos do CEIP Vila de Cee na Biblioteca

Nenos do CEIP Vila de Cee na Biblioteca.jpeg 4

Máis novas

Comentarios