Descobren dous novos petróglifos na braña de Ameixenda
Continúa a veciñanza de Ameixenda descubrindo tesouros no seu monte de Banle, no marco da loita contra a invasión dos viraventos do P.E. de Sembra. Xa realizaron un Bioblitz e presentaron un documental. E desta volta, a descuberta vai en clave patrimonial.
Da man do colectivo A Rula veñen de descubrir a existencia de dúas estacións de arte rupestre na Braña de Banle: Os petroglifos da Laxe da Fontefría e da Pedra Raposa.
Foron Luis Carro e Javier Carballo “Bichiño” os que descubriron estas xoias históricas, e puxéronse en contacto coa Rula para achegarse pola zona xunto con Fernando Alonso Romero. Na zona hai xa 4 elementos catalogados (a mámoa de Pedra Alta; as mámoas de Campo Valado I e II e a mámoa do Alto de Monte Maior).
Precisamente a Laxa de Fontefría atópase preto da chaira que hai ao carón do Alto de Monte Maior, no mesmo lugar onde var erguer os novos viraventos a pesar da presencia dunha manda de 30 cabalos salvaxes que coidan a zona.
Na laxe hai unha figura banquiforme, outra con coviñas e mesmo unha cruz, que pode ser un mastro e unha vela, entendendo que se trata dunha representación dun barco prehistórico, dándolle ademais os expertos unha explicación xeoastronómica vinculada á súa posición estratéxica co cabo Fisterra, e directamente vinculada coa lenda de Santiago Apóstolo, tan vixente na vila ceense.
Pola súa parte, a Laxe da Pedra Raposa presenta un curioso bolo, e relacionan cunha posible pegada do cabalo do Apóstolo.
Así, os satisfeitos especialistas levarán estas achádegos á Dirección Xeral de Patrimonio para a súa valoración e catalogación.
- A información completa en colectivoarula.com.
Novas relacionadas
- Javier Carballo: “Son unha persoa bastante nerviosa e o deporte e o contacto coa natureza son unha terapia”.
- Presentan o documental "Banle, territorio esquecido”.
- A veciñanza de Ameixenda descobre a flora e fauna de Banle
- Vitor do Canteiro: Vento de futuro
- Vítor do Canteiro: Os Señores do vento.
- Francisco Santiago López: Maladanza e progreso.
- P.E. Sembra: Os eólicos poñen sombra sobre a paisaxe e o Camiño de Cee, Dumbría e Fisterra.