mércores. 30.04.2025
El tiempo

Encadeadas polo Obradoiro de Emprego

Encadeadas polo Obradoiro de Emprego
Encadeadas en Cee contra o obradoiro de emprego

Parece que se está a convertir nunha práctica máis habitual do que estabamos acostumados. Pero é que os tempos de crise están afectando cada vez máis e a desesperación fai que accións reivindicativas coma esta teñan lugar máis a miúdo.

Esta mañá de venres 14 de decembro, o Concello de Cee amencía con dúas mozas encadeadas ás portas do mesmo. E polo que parece quedarán un tempo, pois ata traeron a tenda de campaña. E o fan en protesta polas adxudicacións dos 20 postos que ofrece o Obradoiro de Emprego que conseguía o Concello, e ao que se presentaron 190 persoas.

Trátanse de 2 módulos de 10 postos de traballo e formación (durante 6 meses) relacionados coa construción. A meirande parte dos contratados foron homes, e as encadeadas protestan asegurando que a contratación tiña que manter parámetros de igualdade. Ademais denuncian que non houbo un reparto xusto e que "sempre escollen aos mesmos".

"Ogallá houbese 190 postos nos Obradoiros", valoraba o teniente de alcalde Daniel Oca, que comprende a desesperación das veciñas. "Por desgracia hai demasiada xente que necesita traballo, e moito". A frustración entre a veciñanza é cada día máis palpable.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios