Xoves. 02.05.2024
El tiempo

As enmendas do BNG de Cee aos Orzamentos da Xunta

Serxio Dominguez e Daniel Perez BNG
Serxio Dominguez e Daniel Pérez na Avenida Fisterra
As enmendas do BNG de Cee aos Orzamentos da Xunta

Ademais das enmendas presentadas en Bergantiños e polo BNG comarcal, o grupo nacionalista de Cee vén de presentar vía o grupo parlamentar no parlamento galego, son as seguintes :

  •  Seguridade viaria, o acondicionamiento e dotación de servizos nasa travesías da estrada C-552 (avd. Fisterra) e da C-550 (Avda. Fernando Blanco) ao seu paso por Cee.
  •  Mellora dos recursos materiais, espazos e plantiña do Hospital da Virxe da Xunqueira, para acurtar tempos de espera en consultas e intervencións.
  • Construción dunha base de loita contra a contaminación mariña, e equipamento da mesma, no peirao de Brens. As instalacións do peirao, pola súa posición e proximidade o corredor marítimo de Fisterra, e o risco potencial da zona ante vertidos mariños, resulta un lugar estratéxico para a dotación deste tipo de bases.
  • Sistemas para operatividade heliporto Ruibo. Dotar a base de Ruibo dos dispositivos necesarios para o seu funcionamento, e traslado definitivo do helicoptero e equipo de salvamento marítimo a esta base.
  • Saneamento integral da ría de Corcubión (drenaxe dos fondos mariños). A contaminación existente é o maior impedimento para a diversificación das actividades marisqueiras que noutrora se daban nela.
  • Acceso Porto de Brens. A conexión do porto co polígono empresarial, é impresindíbel para o desenrolo de actividades en ambas infraestructuras.
  • Construcción dun novo centro de saúde no solar que o existente ocupa, e que pode compartir, dando dúas plantas de altura, cun centro de día. No actual centro de saúde, son numerosas as deficiencias da construción que fan neceasario un edificio novo que podería compartir co centro de día.
  • Construción dun centro de día no solar do actual centro de saúde, e que pode compartir, dando dúas plantas de altura, co centro médico. Cee carece de prazas de atención ao maiores.
  • Elaboración do Plan de Prevención de Lumes do Concello de Cee. Desenvolver as competencias das entidades locais en materia de elaboración a aprobación dos plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais, en relación ao artigo 7, da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais da Galiza.

Máis novas

Comentarios