O BNG da Costa da Morte centra as enmendas aos Orzamentos da Xunta no transporte escolar
Despois das primeiras valoracións, e unha vez analizamos pormenorizadamente, o BNG da Costa da Morte vén de presentar as enmendas completas aos Orzamentos da Xunta 2024. O grupo considera que os “orzamentos son continuistas, pura propaganda e baleiros de actuacións reais para a nosa comarca”.
As emendas máis importantes son as referentes “a mellora do transporte público, unha eiva para as nosas veciñas e veciños a quenes nos resulta imposible ter mobilidade, xa non so entre os nosos concellos e vilas, senón tamén entre as grandes cidades e as nosas cabeceiras comarcais”. Valoran que “o trasporte publico e deficitario especialmente no transporte que afecta a mocidade, pois desprazarse a outras vilas para realizar estudos profesionais e tarefa case que imposible”.
”A eterna obra de remate da autoestrada é o maior exemplo da tomadura de pelo dos orzamentos, en todos os orzamentos presentados e aprobados pola Xunta indican inversión para o remate, mais nunca xe executou nin un só euro”, denuncian. ”Este ano dan as campanadas anunciando que investiran só dous millóns, millóns que pasarán a lista dos incumprimentos sistemáticos coa nosa comarca por parte do PP”.
O grupo tamén piden melloras nas estradas autonómicas como Berdoias Muxía ou a Vimianzo- Camariñas, ademais de melloras de cousas como o porto de Muxía. Ademais, lembraron os problemas coas infraestrurtuas da comunicación como se veu nos “cortes de iluminación continuados no porto de Camelle en onde os días sen luz neste ano xa non se contan coas mans facendo que as tarefas nocturnas no porto sexan moi perigosas para as nosas xentes do mar”.
Piden tamén ampliar a partida para o saneamento da ría de Corcubión, e para “o hospital de Cee para que se converta nun autentico Hospital e deixe de ser un PAC ampliado”.