O BNG pide incluír a mellora da seguridade no porto de Malpica nos Orzamentos da Xunta 2024

Un dos proxectos a medias esquecidos pola Xunta para a Costa da Morte nos Orzamentos de 2024, é da mellora da seguridade no interior da dársena de Malpica. Cúmprense 5 anos do accidente mortal do Silvosa, e a Xunta non fixo máis que estudios experimentais, e enviar unha proposta con tres posibles proxectos á Confraría, pero sen respaldo orzamentario que garanta que sexa unha realidade a medio prazo.
Así, dende o BNG, no marco de enmendas que vén de presentar aos Orzamentos, pon de manifesto esta carencia. Até en seis ocasións se levou esta cuestión ao Parlamento Galego e outras tantas veces o PP votou en contra das iniciativas do BNG.
Por iso desde o BNG presenta unha emenda parcial por un importe de 4 millóns de euros para a redacción do proxecto de mellora na seguridade do porto e o inicio da primeira fase.
Máis enmendas para Malpica
Ademais desta emenda, O BNG presenta outra partida para acometer o saneamento integral das parroquias do concello malpicá.
Ademais, piden unha emenda por importe de 750.000 euros destinada á promoción de Buño como Vila Oleira.
Novas relacionadas
HISTÓRICO DA SEGURIDADE NO PORTO DE MALPICA DENDE 2018
-
Outubro 23: A seguridade no porto de Malpica volve quedar sen partida orzamentaria
-
Marzo 23: A Xunta rexeita a proposta de ampliación do dique do porto de Malpica e propón varias alternativas.
- Marzo 22: O PSOE solicita a ampliación de 200 metros do dique de abrigo de Malpica.
- Novembro 22: O PSOE critica a mísera partida dos Orzamentos da Xunta para a seguridade na dársena de Malpica
- Xaneiro 22: O BNG presenta outra moción para axilizar as obras de seguridade do porto de Malpica.
- Novembro 21: O Parlamento acorda, con unanimidade, afrontar as actuacións de seguridade do porto de Malpica:
- Abril 21: “Deberían botarlle man porque se está correndo demasiado risco na dársena de Malpica”.
- 19-02-2021: Novas propostas para a mellora da dársena de Malpica. Continúa o estudo experimental para establecer un sistema de comportas no peirao.
- Febreiro 2020: Dous anos despois, e as embarcacións seguen xogándose a vida no porto de Malpica.
- Decembro 2020: A Xunta volve usar un sistema experimental no porto de Malpica dous anos despois do accidente mortal do Silvosa.
- Agosto 21: As obras do porto de Malpica seguen a medias.
- Febreiro 2020: A Xunta pide paciencia para acometer as obras de seguridade do peirao de Malpica.
- Outubro 2019: A Confraría de Malpica espera polas melloras prometidas.
- Decembro 19: Comeza a instalación do radar que permitirá definir o proxecto de mellora da seguridade no peirao de Malpica.
- Oubturo 19: A Confraría de Malpica espera polas melloras prometidas.
- Outubro 19: Un radar, primeira medida da Xunta para revisar a seguridade do porto.
- Xullo 19: A familia do mariñeiro falecido en Malpica entrega 10.000 sinaturas para que Portos acometa obras de seguridade no peirao.
- Xullo 19: Walter Pardo e Leiceaga piden á Xunta a a execución das obras de mellora de seguridade no porto de Malpica.
- Febreiro 19: Aprobada no Parlamento unha iniciativa para eliminar o risco na entrada do porto de Malpica.
- 31-01-19: A oposición ao completo obriga no Parlamento á Xunta a tomar medidas para o porto de Malpica.
- A seguridade no porto de Malpica volve ao Parlamento.
- A familia malpicá do falecido no mar pide solucións para o porto.
- Decembro 18: Conmoción en Galicia polos dous naufraxios da Costa da Morte.
- 20-12-2018: O mar cóbrase outra vida nun novo afundimento dun barco en Malpica.