Xoves. 12.12.2019
El tiempo

Cruz Caamaño: "Cando estaba a piques de acabar o primeiro libro, xa sentía nostalxia anticipada, así que tiven que sacar o segundo"

Cruz Caamaño, a escritora de Ameixenda saca o segundo libro de relato
Cruz Caamaño, a escritora de Ameixenda saca o segundo libro de relato
Cruz Caamaño: "Cando estaba a piques de acabar o primeiro libro, xa sentía nostalxia anticipada, así que tiven que sacar o segundo"

Para Recordar-segundo libro de Cruz CaamanoA novelista de Ameixenda Cruz Caamaño vén de publicar a súa segunda novela de relatos. Despois do éxito de "Momentos entre el cielo y la tierra", Edicións Albores publica o seu segundo libro. ”Para recordar” consta de 125 relatos que oscilan entre a realidade e a ficción. "Baseeime en experiencias persoais, tamén en historias que fun escoitando ao longo dos anos e que ao recordalas cría que sería bo sacalas á luz botándolle unha dose de imaxinación e creando personaxes para revivilas, e outros están baseados en detalles que fun vendo no meu día a día. Todo iso serviu para inspirarme e escribir este libro", cóntanos a autora ceense.

Os relatos están escritos de diferentes xeitos. "Uns simplemente narran unha historia, a outros lles incorporei personaxes e diálogos, outros están escritos en forma de carta e outros en forma de diario. Os relatos escritos a través dunha carta ou dun diario permitíronme contar a historia desde unha perspectiva privada e íntima, afondar nos sentimentos e as emocións", explica.

Do mesmo xeito que o sei libro “Momentos entre el cielo y la tierra”, “Para recordar” está escrito en castelán porque, "aínda que penso e falo o galego, non o tiven como idioma na miña etapa de estudante e non podo escribilo con fluidez".

Ao corrixir o primeiro. Escribir é un hobby para min e gustoume escribir o meu primeiro libro tanto, que cando estaba a piques de acabalo, xa sentía nostalxia anticipada. Sabía que se non seguía creando historias notaría un baleiro no meu día a día. É por iso que decidín continuar nesa liña. En "Para recordar", as historias están escritas dun xeito diferente. Engadín algúns diálogos para dar certa vivacidade á historia, outros están en forma de carta e outros en forma de diario.

  • QPC: Como é o teu proceso creativo? Escribes polas mañás, polas noites? Apuntas nunha libreta unha idea que che salta e despois a trascribes ao ordenador? Como fas?

A ver, son unha persoa moi disciplinada. Teño o día ocupado xa que ademais de atender á miña casa, tamén coido aos meus pais máis, que xa van vellos e ata fai pouco tamén traballaba fóra. Teño que organizarme á tarde-noite para adicarlle tempo a escribir.

Eu adoito facelo cando estou libre das tarefas domésticas. No inverno a partir das 8 da noite e agora no verán de 6 a 8 e media. Adícolle aproximadamente dúas horas, máis ou menos. Non sei se é moito ou pouco, pero tamén me gusta facer outras cousas, como camiñar, ler, pintar, etc . De feito, algunas cousas das que pinto teñen que ver co que escribo, e algúns destes debuxos servíronme para ilustrar varios relatos.

E sobre as ideas, veñen a min en calquera momento. Así que si estón limpando, cociñando ou facendo algunha tarefa e venme algo a cabeza, normalmente apunto nun pequeno caderno. Cando remato un, empezo outro, gardando palabras e anotacións que só eu entendo porque hai todo: ligazóns de vídeos musicais instrumentais (escoito música cando escribo), ideas que me veñen á mente, cousas para recordar, etc ... Un desastre, pero eu enténdome.

  • QPC: Onde están ambientadas esas 125 historias?

As historias oscilan entre a realidade é a ficción. Atópanse nos momentos da vida coa que calquera pode ser identificado. Algúnhas están baseadas en experiencias persoais, outras en anécdotas ou historias que escoitei ao longo dos anos e outras en detalles que vexo no meu día a día. En xeral son de temáticas moi diferentes.

  • QPC: Participaches ou participas nalgún concurso de relatos curtos?

Non. Antes de publicar o primeiro libro, "Momentos entre el cielo y la tierra", non podía pensar en publicar nada. Para min é un hobby. Animáronme a facelo para que os relatos quedaran recollidos nun libro e para rexistrar o traballo; nada máis.

  • QPC: Que referentes literarios principais tes?

É difícil responder a esta pregunta porque me encanta ler desde que aprendín a facelo. E dende entón leo todo. Non podería dicir un autor porque son moitos deles os que me veñen a cabeza, e quítome o sombreiro diante de todos.

  • QPC: Que libro estás lendo?

Estou lendo dous. "La sombra del viento" de Carlos Ruiz Zafón e “Tiempo de espinas” de Benito González García.

Novas relacionadas

Comentarios