Luns. 07.10.2024
El tiempo

As familias do CEIP Vila de Cee póñense en folga contra os recortes

Presenza masiva de familias na concetracion contra os recortes no CEIP Vila de Cee
Imaxe da masiva de familias da concetración contra os recortes no CEIP Vila de Cee a comezos de curso
As familias do CEIP Vila de Cee póñense en folga contra os recortes

Este venres, as familias do CEIP Vila de Cee non levarán ás crianzas ao cole. A ANPA Uxío, despois da multitudinaria concentración levada a cabo a comezos de curso, e de ver o proceso de folga protagonizado polas familias do Pindo propoñen unha folga en contra dos recortes promovidos pola Xunta.

Así, conscientes do complicado que resulta para a conciliación, piden a todas as familias a non enviar ás crianzas este venres 4 de outubro.

Explican dende a ANPA que é necesario tomar esta medida de presión porque os nenos con Necesidades Educativas Específicas (case unha cuarte dos nenxs do cole) non poderán ser atendidos correctamente ante a falta de mestres auxiliares. Asi acontece nos últimos cursos onde a Consellería de Educación eliminou o reforzo de profesorado.
Avisan ademais que o centro vai ter que limitar as saídas ou excursións pola falta de profesorado, pois explican que a nova Inspección eliminou un profes de apoio e 2 Auxiliares de Pedagoxía Terapéutica compartidos con outro cole, a pesar de que anterior inspectora os sinalara como necesarios para bo devir do centro.

Folga CEIP Vila de Cee

Vídeos

Ademais, instan ás familias a subir polas redes vídeos nos que sitúen unha man por riba dunhas tesoiras e expliquen por que apoian a folga.

Máis novas

Comentarios