Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O IES Fernando Blanco aprende de forma divertida

Rocio leira
Rocío Leira
O IES Fernando Blanco aprende de forma divertida

Como nos prestan as visitas culturais aos centros de ensino. Esas achegas de artistas que sacan ao alumnado dos libros e lles permiten poñer o foco noutras vidas. 

Desta volta paramos no IES Fernando Blanco de Cee, que mentres prepara a Olimpiada O Saber ten premio, este luns tivo dúas visitas culturais.
Pola mañá tiveron a sorte de contar co profesor irlandés Damien Sheehy que é formador da editorial Burlington, quen deu unha charla cultural en inglés na que o alumnado disfrutou moito aprendendo e contestando a preguntas ben curiosas. Todo isto complementado cun xogo de Prize Questions, tipo concurso televisivo, incluso con comodíns.
Esta actividade recordoulles a toda a comunidade educativa  que se pode aprender de forma divertida.

IES Fernando Blanco
Damien Sheehy no IES Fernando Blanco

Ao mediodia o Club de Ciencia tivo a honra de contar coa visita da matemática e escritora ceense Rocío Leira Castro.
Alumnado e profesorado do Club de Ciencia levan tempo preparando esta visita lendo con anterioridade a novela Trescatorcedezaseis. Obra coa que a autora chegou a ser finalista na última edición dos premios Jules Verne de Literatura Xuvenil.

A novela é un xogo de intriga na que se van resolvendo unha serie de enigmas para poder chegar ao final da investigación duns asasinatos que ocorren en escenarios ou están totalmente relacionados coa Facultade de Matemáticas da Universidade de Compostela. Eses enigmas que hai que resolver serán os que agochan as pistas que nos levan a resolución do caso.
A visita de Rocío Leira foi moi ben acollida por todo o profesorado e alumnado do Club de Ciencia que pasaron o mediodía deste luns coa escritora mostrándose moi agradecidos pola súa visita.

Comentarios