Mateo Pérez recibiu o Premio extraordinario de Bacharelato

"Os premios que Mateo ten conseguido é algo que moi pouca xente pode. E o que lle queda". Así de orgullosas se mostran no IES Agra Raíces con dos seus alumnos predilectos, Mateo Pérez Soto, que brillou na entrega dos premios extraordinarios de Bacharelato, levada a cabo no museo da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela, o pasado 12 de maio.
O ceense recibiu o seu diploma de mans do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sumando un novo recoñecemento á súa inmaculada carreira estudiantil.
"Non debemos esquecer a excepcionalidade dos seus logros, que son froito do seu inxente traballo e que están á man de moi pouca xente", explican fachendosos os responsables do centro. "A esta inmensa capacidade académica súmase unha extraordinaria dimensión humana, que fai del un grande compañeiro, un marabilloso alumno e unha persoa admirable", sinalan agradecemendo a toda a comunidade educativa desta "magnífica xeración".
NOVAS RELACIONADAS
- Outubro 2022: Mateo Pérez Soto, un dos 20 alumn@s galegos que leva o Premio Extraordinario de Bacharelato.
- Marzo 2022: Mateo Pérez Soto tamén gaña a Olimpiada Galega de Química e prepárase para a cita estatal.
- Marzo 22: Mateo Pérez, do IES Agra de Raíces, gaña as Olimpíadas de Física na UDC.
- Setembro 21: O ceense Mateo Pérez Soto foi o representante español no Seminario "Leer. Iberoamérica lee”.
- Novembro 20: Mateo Pérez, do IES Agra de Raíces obtén a mellor das notas nos premios extraordinarios da ESO ao rendemento.