O IES Fernando Blanco organiza un curso de autocoidado para as familias
07:21 08/02/23
OIES Fernando Blanco e coa colaboración do CFR da Coruña no seu programa Espazo EDUCAR, oferta un curso de regulación emocional titulado Claves para o autocoidado, a serenidade e a mellora nas relacións.
Este curso está dirixido a todos os proxenitores que estean interesados e será impartido polo psicólogo Juan Carlos Permuy e ofrecerá ferramentas para a xestión emocional do noso día a día. Permuy xa estivo en Cee o pasado 2021.
O curso será os días 8 e 15 de febreiro e 1 e 15 de marzo de 17:30 a 19:00 horas, no IES Fernando Blanco en Cee.