Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Máis paróns na limpeza do Hospital

Máis paróns na limpeza do Hospital

O colectivo de traballadoras/es do servizo de limpeza do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, vén de convocar “paros parciais” de dous días á semana durante todo o mes de novembro. Unha nova forma de protesta para reivindicar o seu dereito á "equiparación laboral co persoal do Grupo E do SERGAS a través da sinatura dun convenio de centro como no resto dos hospitais galegos".

Esta decisión tomouse trala reunión coa Dirección da Empresa LIMPISA o pasado xoves, na que segundo a CIG, a Dirección "negouse a abrir a mesa de negociación, xa que segundo manifestaron na xuntanza, non teñen autorización da xerencia do hospital, negándose estos últimos unha vez máis a reunirse coa representación dos traballadores".

As Centrais Sindicais presentaran recurso contra "os “Servizos Mínimos” abusivos impostos pola Xerencia do Hospital que son unha clara vulneración dun dereito fundamental como é o dereito a folga, (con servizos do 100% e 70% cando na pasada folga a Xunta establecera uns mínimos do 50%)". Segundo a CIG "isto amosa a actitude prepotente e desprezo da Xerencia cara este colectivo".

Co início destos paros hoxe mércores o colectivo, ao igual que os meses pasados, fan un parón ás 10:00h para seguir berrando aquelo do “Xerencia escoita, limpeza está en loita”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da CIG-Cee.

Comentarios