Mohamed Safa analiza a Primavera árabe nunha charla en Cee
Máis de 25 anos en Galicia, pero o seu continuo contacto co mundo árabe fan del unha das personalidades máis interesantes para escoitalo falar sobre a Revolución no Mundo Árabe. Mohamed Safa, oftalmólogo e activista palestino aficado en Corcubión, ofrecerá este mércores día 26 de outubro, no salón de actos do concello de Cee unha conferencia e posterior debate a Privamera Árabe, que nestas últimas datas atópase nun momento crucial.
Safa falará, e tan ben que o fai, sobre as "revolucións árabes", que deron comezo en Tunis, para logo continuar en Exipto, Libia, Siria, Iemen, Barheim... Falará desas sociedades demandantes de liberdade, das repercusións destes cambios na orde mundial e mais no do que poden implicar no futuro de Palestina en particular. Baixo o título "Primavera árabe. Nacionalismo e democracia", Safa compartirá con nós os seus coñecementos e as súas reflexións sobre este momento histórico que estamos a vivir.
Esta sesión está organizada polo colectivo COSAL Costa da Morte, que vén de facer unha viaxe a territorios palestinos este verán. De feito, podedes ver unha entrevista a Chicha Martínez sobre a viaxe no Observatorio polos Dereitos e Liberdades Esculca.
Novas relacionadas
- 2010: Conferencia de Ghaleb Jaber e Mohamed Safa: “Os palestinos non falamos dun problema ideolóxico, senón de ocupación”.
- 2009: Entrevista con Mohamed Safa: Mohamed Safa: "O conflito precisa un cambio radical na posición internacional" .
- 2008: Mohamed Safa ofreceu unha interesante charla no Maio Solidario de Corcubión.
- A Costa sinte a ocupación israelí.
- Unha expedición da Costa toma nota do conflito en Palestina.
- Cee cambia o rumbo da economía mundial.
- COSAL condena o agravamento da situación no Sáhara.
- A Costa da Morte tamén pon o seu gran de area para que a axuda humanitaria chegue a Gaza.
- O mar da Costa da Morte solidarizouse con Palestina.
- Os colexios da zona envían material Rumbo a Gaza.
- A Costa da Morte boicotea Israel.
- La Terraza do Hórreo repasou a situación en Israel con Alberto Pradilla.
- Cee solidarizouse con Palestina a base de gargalladas.
- Charla con COSAL sobre a emigración: Todos somos emigrantes.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa de COSAL Costa da Morte.