luns. 22.12.2025
El tiempo

Un Nadal Solidario no Manuela Rial

Actuacion de Nadal do Colexio Manuela Rial de Cee
Actuacion de Nadal do Colexio Manuela Rial de Cee
Un Nadal Solidario no Manuela Rial

Emotivo o peche solidario de ano no Colexio Manuela Rial Mouzo. Este pasado venres, o centro concertado ceense puxo o broche final a un trimestre cheo de traballo, esforzo e ilusión coa celebración dos tradicionais Actos de Nadal, nos que participou o alumnado de Educación Infantil, Primaria. e ESO.  Estas actividades serviron como espazo de convivencia e celebración, mostrando o traballo realizado durante as últimas semanas. Toda unha xornada emotiva tanto para o alumnado como para os familiares que os acompañaban nun ateigado Salón de Actos.

Ademais, o Centro reforzou o seu compromiso coa solidariedade a través da súa colaboración con Cáritas, participando na recollida de alimentos, e facendo entrega da recadación obtida no mercadiño de Nadal organizado pola comunidade educativa.

Caritas coa directora do Manuela Rial

 

Comentarios