Domingo. 15.12.2019
El tiempo

A nai do cinema pasou polo Fernando Blanco

Raquel Queizas levou a nai do cine Alice Guy a Cee
Raquel Queizas levou a nai do cine Alice Guy a Cee
A nai do cinema pasou polo Fernando Blanco

Continúa o Mes da Fundación Fernando Blanco. A pasada mañá houbo unha divertida sesión de narración, teatro e cine da man da grandísima contadora Raquel Queizás. "Cinema de historias da man de Alice Guy" tivo como excelentísmo público ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e [email protected] da Asociación ASPADEX.

É a terceira vez que Raquel participa no programa da fundación, e todos coincidiron no pracer de vela contar e, neste caso, reivindicar a figura de Alice Guy, a nai do cinema, unha muller esquecida e maltratada [email protected] [email protected] e polos libros de historia.
Alice Guy, dende moi pequeniña escoitou os contos que lle contaba a súa avoa. Estes contos espertaron nela o amor polas historias e polos libros. Foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia. Ademáis de directora, foi actriz, guionista, deseñadora de vestiario, cámara, productora, cómica, maga e moito, moito máis. Co paso do tempo, Alice chegou a ser una gran contadora de historias que logo levaría, por primeira vez, á gran pantalla.

No espectáculo os espectadores puideron viaxar no tempo para coñecer a súa vida e ver anacos das súas primeiras películas.

+Raquel Queizas levou a nai do cine Alice Guy a Cee

Vindeiras actividades, para pechar un completo mes

O xoves 28, o alumnado da ESO do IES Fernando Blanco acodirá á conferencia "Con sumo coidado" impartida por Miriam Romero Traba (Educadora Social especializada en prevención de condutas aditivas da Asociación Vieiro).

O sábado 30 de novembro, xa aberto, haberá unha conferencia proxección con Xurxo Mariño Alfonso, profesor do departamento de medicina da UDC.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios